Datos del libro

Maggie Sparks - Un cámping de tolos (Vol.8) Smallman, Steve / Hernando, Esther

13,99 €

A Maggie Sparks NON lle gusta ir de cámping!

Sinopsis

E moito menos se ten que pasar as vacacións coa súa insoportable prima Mía. Maggie soñaba cuns días cheos de diversión, pero acaba nun cámping embarrado, chuvioso e cun bosque inquietante que agocha un gran misterio. Para rematar, a súa familia participa nunha competición? e parece que todo lle sae mal! Por sorte, Maggie é unha bruxa superpoderosa, superintelixente e supertalentosa. Cun chisco de maxia intentará gañar a competición, descubrir o segredo do Bosque dos Murmurios? e demostrar que mesmo unhas vacacións desastrosas poden converterse nunha grande aventura!

Autor

Steve Smallman

Steve Smallman é un autor e ilustrador británico, recoñecido polo seu talento para crear historias divertidas e entrañables. Entre as súas obras máis populares atópanse: A ovelliña que veu a cear e Os lobos que viñeron a cear. Coa súa serie Maggie Sparks, leva aos lectores a un mundo cheo de maxia, caos e amizade, onde as aventuras e as emocións sempre están á orde do día.

Explora este libro por afinidad

Colección
Lugares