Datos del libro

Bo camiño, peregrino! Caixa con quebracabezas + puzle Ortega, Rena

19,95 €

A aventura do Camiño de Santiago cobra vida nesta caixa puzle inspirada no exitoso libro Bo Camiño, Peregrino!, unha proposta que combina xogo, descubrimento e viaxe imaxinaria

Sinopsis

No seu interior atoparás un gran quebracabezas ilustrado cheo de escenas, personaxes e pequenos detalles que converten cada peza nunha historia por descubrir, xunto cun libriño exclusivo en rústica (diferente do libro orixinal) que achega aos máis pequenos que é o Camiño, as súas etapas, os seus símbolos e as curiosidades desta ruta milenaria.

Mentres constrúen a imaxe, nenas e nenos viven un deses momentos especiais que forman parte de facer o Camiño: observar, compartir, descansar, celebrar? fixándose en persoaxes, xestos e recunchos que contan historias. É unha forma lúdica e visual de achegarse ao espírito do Camiño: camiñar paso a paso, reparar no que nos rodea e gozar do traxecto tanto como da meta.

Un produto ideal para agasallar, para compartir en familia e para seguir viaxando? sen saír da casa.

Explora este libro por afinidad

Autor
Agrupacion editorial