Datos del libro

Maggie Sparks-Un halloween de medo (Vol.7) Smallman, Steve / Hernando, Esther

13,99 €

Maggie Sparks NON lle ten medo a nada! E moito menos ao seu día favorito do ano: Halloween!

Sinopsis

Maggie está decidida a demostrarlle a Arthur que Halloween é unha festa para divertirse, non para pasar medo. Pero entre arañas xigantes, pantasmas flotantes, a malvada Mía e... un vampiro de verdade!?, ten motivos de sobra para levar un bo susto.

Por sorte, Maggie é unha bruxa superpoderosa, superintelixente e supertalentosa. Cun chisco de maxia intentará resolver o misterio do vampiro... e axudar a Arthur a descubrir a valentía que leva dentro!

Autor

Steve Smallman

Steve Smallman é un autor e ilustrador británico, recoñecido polo seu talento para crear historias divertidas e entrañables. Entre as súas obras máis populares atópanse: A ovelliña que veu a cear e Os lobos que viñeron a cear. Coa súa serie Maggie Sparks, leva aos lectores a un mundo cheo de maxia, caos e amizade, onde as aventuras e as emocións sempre están á orde do día.

Explora este libro por afinidad

Colección
Lugares