Datos del libro

A idade da ira López, Nando

  • Editorial: BULULU
  • Materia: NOVELA
  • Colección: A MIRADA DO FUNAMBULO
  • EAN: 9788410049147
  • Encuadernación: RUSTICA
  • Páginas: 356
  • Tamaño: 150x210 mm.
  • Idioma: GALEGO
19,50 €

Unha novela sobre o mundo adolescente, descarnada e sen tópicos

  • «Cada novela de Nando López supón un agasallo para tantos e tantos adolescentes que precisan simplemente diso: referentes», El Heraldo de Aragón
  • «Unha inmersión despoxada de tópicos no mundo da adolescencia», eldiario.es

Sinopsis

Marcos non é o alumno que saca as mellores notas, pero é o máis popular do seu instituto, o líder entre os seus compañeiros e o obxecto de desexo das súas compañeiras. Un domingo calquera, sen motivo aparente, asasina ao seu pai e deixa ferido de gravidade a un dos seus irmáns. Que levou a este adolescente a cometer un acto tan violento? Que se agocha tras ese estoupido de ira? Un pai demasiado severo? Docentes sen motivación? Fracaso escolar? Unha sociedade demasiado esixente? A electrizante investigación deste caso leva a un periodista a descubrirnos un mundo adolescente descarnado e sen tópicos. Unha historia coral, con múltiples voces e testemuños, que non por acontecer nun lugar tan coñecido para todo o mundo, un centro escolar, deixa de sorprendernos e abraiarnos.

Colección a mirada do funámbulo:

A narrativa, sen importar a cor nin o ritmo da historia a contar, debe percorrer o camiño da súa trama co paso firme da liberdade de pensamento, coa independencia que dá emprender unha viaxe sen ataduras. Só quen é capaz de contemplar a vida dende a frouxa seguranza dunha corda, de resistir os seus envites nas frenéticas idas e vidas dun bambán, remata por captar a verdadeira esencia da literatura. Os grandes funámbulos, coma os bos escritores, executan a súa actuación con esmero, sen vertixe, facendo partícipe ao público da súa creatividade, dos riscos que asumen ao dar renda solta á súa imaxinación. É xusto esa mirada a que queremos recoller, e compartir contigo, nesta colección que agora tes entre as mans

Autor

Nando López

Nando López é novelista, dramaturgo e doutor en Filoloxía Hispánica. En 2010 foi finalista do Premio Nadal con La edad de la ira, un long-seller convertido en serie televisiva de éxito internacional co que iniciou unha sólida traxectoria narrativa na que figuran Los elegidos, Presente imperfecto, Cuando todo era fácil, El sonido de los cuerpos o Hasta nunca, Peter Pan. Galardoado co Premio Arcoíris 2023 polo Ministerio de Igualdade, o Premio Triángulo Cultura 2022 e o Premio Gran Angular 2020 por La versión de Eric, é tamén un recoñecido autor de libros xuvenís como Las durmientes, Cuál es la lucha, Algo más que sexo o El río de las primeras veces, entre outros. Como dramaturgo foi finalista en tres ocasións nos Premios Max e as súas obras teatrais estreáronse en numerosos países. Ademais, abordou a creación audiovisual como guionista e produtor executivo en Red Flags, serie baseada nunha idea orixinal súa.