Datos del libro

O home do puzzle Cardoso Pereira, Fausta

  • Editorial: BULULU
  • Materia: FICCION
  • Colección: A MIRADA DO FUNAMBULO
  • EAN: 9788418667978
  • Encuadernación: RUSTICA
  • Páginas: 204
  • Tamaño: 140x210 mm.
  • Idioma: GALEGO
19,50 €

UNHA NARRADORA MAXISTRAL POR PRIMEIRA VEZ TRADUCIDA AO GALEGO

    UNHA NOVA COLECCIÓN DE NARRATIVA ACTUAL DE FICCIÓN EN GALEGO, A MIRADA DO FUNÁMBULO, ROMPEDORA E SORPRENDENTE

Sinopsis

Esta historia de reminiscencias kafkianas xira ao redor dun puzzle incompleto, dunha peza perdida. Un Home recluído no seu mundo particular verase obrigado a abandonar a súa rutina para loitar contra o progreso in dustrial. Unha Secretaria que aproveitará a oportunidade que o destino lle brinda para facer xustiza á memoria do seu avó. E a Fábrica, programada e automatizada para producir os mellores produtos sen precisar de xente que traballe nela. Ao final, todas elas son as pezas que faltan para completar o noso Puzzle.

Autor

Fausta Cardoso

Fausta Cardoso Pereira é autora da obra Dormir com Lisboa, premiada co Premio Antón Risco en 2017. Mais alén de O Home do puzzle, é tamén autora do libro de viaxes Bom Caminho. É exploradora da National Geographic Society e xestora de proxectos de impacto social desde o ano 2000. Co seu traballo internacional, en campos de refuxiados en países africanos de fala portuguesa, desenvolveu proxectos que combinan a narración de historias coas linguaxes artísticas, como forma de mellorar procesos de ensino, promover a participación das comunidades e o diálogo intercultural. Ten proxectos premiados en Portugal, España, Chile e Italia. É presidenta de Hirundo, Asociación para o Pensamento Crítico, Cultura e Desenvolvemento.