Datos del libro

Era outra vez AA.VV.

  • Editorial: CUMIO
  • Materia: INFANTIL: DE 3 A 4 AÑOS
  • Colección: SIN COLECCION
  • EAN: 9788482896021
  • Encuadernación: TAPA DURA
  • Páginas: 80
  • Tamaño: 210x280 mm.
  • Idioma: GALEGO
19,95 €

Os clásicos de sempre, do revés.

Sinopsis

Un xigante nun resort, un emperador convertido en director de colexio ou un xenio cunha lámpada marabillosa que se conecta á rede wifi.

Autor

Paula Merlán

Paula Merlán (Vigo, 1979) é Mestra de Educación Primaria e escritora. Actualmente compaxina a escritura coa docencia. Ten publicados máis de vinte libros para menos e moitos deles foron traducidos a varios idiomas como o castelán, eúscaro, catalán, inglés, italiano, francés, coreano e malgache. A súa obra foi premiada en máis dunha ocasión nos International Latino Book Awards (EEUU) así como a través da institución educativa Bank Street College of Education de Nova York e a prestixiosa revista School Library Journal.

Ramón D. Veiga

Ramón D. Veiga Licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade da Coruña, traballa desde o ano 1996 no eido da edición. Ten publicados para o público infantil Violeta quere ser vampiro. Un conto do Samaín (2017), É tempo de Entroido! (2018), A araña que lles tiña medo ás arañas (2019), Meigas fóra! (2020), Non pare a festa (2021), Miñoca e Coello (2021) e Miñoca e Pega (2022), todos eles no catálogo de Xerais. No ano 2020 publicou o conto en liña #EuQuedoNaCasa, que resume a situación que se viviu nos fogares onde hai nen@s durante os días de confinamento provocados pola COVID-19. Con Violeta Parapluie e outras historias de xente pouco corrente gañou o Premio Arume de Poesía para a Infancia 2021.

Bea Campos

Bea Campos é actriz, narradora e presentadora. Licenciada en Arte Dramática pola ESAD de Galicia. Dende moi nova, comezou a contar contos, realizou milleiros de actuacións e levou as súas historias ata o outro lado do mar, participando en festivais de artes escénicas en Latinoamérica. Forma parte das compañías “Migallas Teatro” e “Inventi Teatro” ambas especializadas en teatro infantil. É formadora no eido da expresión dramática, da narración oral e da literatura infantil. Tamén colabora en proxectos audiovisuais que achegan o mundo do libro a nenos e maiores

Xiana Teymoy

Xiana Teymoy (Vigo, 1982). Especializada en ilustración e deseño gráfico pola Universidade Politécnica de Valencia, deseguida dirixe o seu traballo cara ao ámbito da ilustración infantil e xuvenil. Colabora con varias revistas infantís e ilustra para diversas editoriais en proxectos tanto de carácter didáctico como narrativo. Alén das fronteiras, traballa en proxectos para o estranxeiro a través dunha axencia que a representa no Reino Unido e nos Estados Unidos.