Datos del libro

Dinguirindiña Caldo/Ledesma, Ro

  • Editorial: CUMIO
  • Materia: INFANTIL: DE 5 A 6 AÑOS
  • Colección: SIN COLECCION
  • Fecha de publicación Interleo: 03/03/2025
  • EAN: 9788482897219
  • Encuadernación: TAPA DURA
  • Páginas: 40
  • Tamaño: 200x240 mm.
  • Idioma: GALEGO
16,95 €

Dinguirindiña é a homenaxe que Caldo, o grupo do novo folk galego, lle fai ás mulleres que coidaron e transmitiron a poesía popular e oral ao longo dos anos coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas.

  • A HISTORIA DE SALETA TRAE CONSIGO UNHA VIAXE PARA CELEBRAR A VIDA CON CANTOS E RITMOS TRADICIONAIS.
  • INCLÚE CÓDIGO QR PARA CANTAR NA AULA E NA CASA.

Sinopsis

Dinguirindiña é unha palabra que imita sons musicais e encaixa moi ben co repenique da pandeireta, que é cando se toca axitando ou golpeando coas mans.

Hai moitos anos, as nosas avoas, bisavoas e tataravoas cantaban fermosas cancións mentres traballaban e celebraban festas. Para que esas melodías non se perdesen, unha señora de Suíza chamada Dorothé Schubarth, que quedou marabillada coa música e as paisaxes de Galicia, decidiu recollelas nun libro moi especial: o Cancioneiro Popular Galego. Para escribilo, contou coa axuda do lingüista galego Antón Santamarina.

Este cancioneiro é moi importante para o noso grupo de música, xa que nos nosos concertos tocamos moitas das melodías que están recollidas nel.