Datos del libro

A Bruxa Selana DOMÍNGUEZ, XABIER/DE EVAN, ALBA/CORTÉS, LAURA

  • Editorial: CUMIO
  • Materia: INFANTIL: DE 7 A 9 AÑOS
  • Colección: MEIGAS
  • EAN: 9788482895475
  • Encuadernación: TAPA DURA
  • Páginas: 84
  • Tamaño: 150x210 mm.
  • Idioma: GALEGO
13,95 €

Se queres descubrir como se as argalla a nosa bruxa Selana entre o colexio e os seus estudos de mágia e que os seus compañeiros de clase non descubran a súa máxia, non deixes de ler "A bruxa Selana",

  • Unha divertidísima historia de Xabier Domínguez e Alba De Evan que vén acompañada das fabulosas ilustracións de Laura Cortés.
  • Un libro ideal para mozos lectores, a partir de 7/8 anos, que forma parte da colección MEIGAS, da editorial CUMIO.

Sinopsis

A bruxa Selana vive en Escaravalleira, onde pasa o tempo entre o colexio, os seus amigos e os estudos
máxicos. Pero non todo o mundo ve con bos ollos a maxia e, cando o seu compañeiro Saúl séguea en
segredo, un accidente durante a creación dunha apócema desencadea un perigoso enredo.
Para tentar solucionalo Selana contará coa axuda da gran avoa Emelina, e mesmo da Santa Compaña!
¿Conseguirá reverter o feitizo?

Autor

Xabier Domínguez Pérez

Xabier Domínguez Pérez (Vilar de Barrio, 1984) é diplomado en Maxisterio musical pola Universidade de Santiago e mestre de primaria. Como narrador, publica xunto con Alba De Evan a colección Naturizo de álbum ilustrado coa Editorial Linteo, con nove títulos ata o momento; Fronteiras de papel e O xigante de Allariz (con Miguel A. Alonso) con Antela Editorial; A superavoa de Antón con Meu Rei activismo pola infancia; e Maxia de pedra, neste caso novela xuvenil, con Edicións Xerais.
No 2020 funda con un grupo de docentes galegos a editorial Antela, para a edición de literatura infantil e xuvenil, así como de material didáctico.

Alba De Evan Freijedo

Alba De Evan Freijedo (Vigo, 1987) é licenciada en Historia pola Universidade de Vigo e profesora de ensino secundario. Como narradora, publica xunto con Xabier Domínguez a colección Naturizo de álbum ilustrado coa Editorial Linteo, con nove títulos ata o momento; Fronteiras de papel con Antela Editorial; A superavoa de Antón con Meu Rei activismo pola infancia; e Maxia de pedra, neste caso novela xuvenil, con Edicións Xerais. No 2020 funda cun grupo de docentes galegos a editorial Antela, para a edición de literatura infantil e xuvenil, así como de material didáctico.