Datos del libro

GÓMEZ, DAVID/ PEIX, SUSANA

  • Editorial: CUMIO
  • Materia: INFANTIL: DE 3 A 4 AÑOS
  • Colección: BOAVISTA
  • EAN: 9788482895796
  • Encuadernación: TAPA DURA
  • Páginas: 40
  • Tamaño: 240x250 mm.
  • Idioma: GALEGO
16,50 €

É o mesmo estar só que sentirse só? O pequeno ourizo adéntrase no bosque para atopar a resposta.

    Nestas páxinas atoparás unha fermosa historia sobre a importancia de sentirse a gusto cun mesmo.

Sinopsis

É o mesmo estar só que sentirse só? Unha pregunta que convida a unha profunda reflexión acerca dos estados de ánimo asociados á sensación de estar só, que non é o mesmo que sentirse só. Ao pequeno ourizo, a súa mamá dixéralle que aos ourizos gustáballes estar sós. E para comprobar se iso era certo, o pequeno ourizo adentrouse no bosque. Estarei ben só?, preguntouse antes de comezar a súa viaxe. Na súa travesía, o protagonista desta historia cruzarase con outros animais do bosque que lle farán sentir estados de ánimo moi diferentes: curiosidade, medo, desconfianza, ou tranquilidade entre outros. Levaría razón a súa nai ou a súa viaxe descubriralle novas emocións?

Autor

Susana Peix

Escriptora camuflada de bibliotecària. Va néixer a Barcelona i ara viu en un petit poble de la Costa Daurada. Des que va descobrir la clau que obre el món de la imaginació es passa el dia entrant i sortint, així que és difícil saber si està o no en els núvols… Li encanta contar contes i es mou com a peix en l'aigua en el seu canal d'Instagram @memodepeix És especialista en literatura infantil i una gran defensora del dret d'accés a la lectura dels nens i nenes amb discapacitat o amb dificultats lectores.

David Gómez

David é gaditano de nacemento e granadino de adopción. Medrou xogando entre casetas de cores de pescadores en plena baía de Cádiz. En Granada, bota moito en falta o recendo a marismas, lodo e sal. O olor da súa infancia. Introvertido de primeiras, desde pequeno resgárdase na lectura para escapar da realidade. Mentres está a ler, nunca se sente só. En moitos momentos da súa vida, a soidade e a súa cadela Luna, que xa partiu, foron grandes compañeiras de viaxe. Agora gústalle estar só por momentos e goza deses pequenos intres para conectar consigo mesmo e dar renda solta ás historias que vai almacenando na súa cabeza. Moitas quedan en nada e outras van buscando o camiño para seren compartidas. A súa relación cos libros foise estreitando tanto no tempo que rematou estudando Biblioteconomía e Documentación en Granada, lugar onde botou raíces e formou a súa propia familia.

Carolina Luzón

Cando tiña cinco anos, os seus pais trasladáronse de Barcelona, a súa cidade natal, a Granada. Ela estivo un ano sen comer porque dicía que as rúas eran moi pequenas e a luz moi diferente. Seguramente fose a primeira folga de fame por motivos estéticos da historia. A luz, as cores e as formas foron moi importantes para ela. É o que ten nacer nunha familia de artistas, que o de dedicarse profesionalmente á pintura non era unha opción, senón unha necesidade. Estivo máis de vinte anos pintando elefantes, a vida das mandas e a soidade dos grandes machos. Cando se foi da casa aprendeu a estar soa e non o levaba mal. Un día, seguindo unha frecha amarela encontrou o amor, unha nova terra e a ilustración. Oficio ao que lle dedica corpo e alma e que fai que a súa vida sexa máis redondiña e completa.