Datos del libro

Agora somos tres VALPE, GIORGIO/ PROIETTI, PAOLO

  • Editorial: CUMIO
  • Materia: INFANTIL Y JUVENIL
  • Colección: BOAVISTA
  • EAN: 9788482895727
  • Encuadernación: TAPA DURA
  • Páginas: 32
  • Tamaño: 290x210 mm.
  • Idioma: GALEGO
15,95 €

Dous é mellor ca un, e tres? Nestas páxinas atoparás unha fermosa historia de amizade.

Sinopsis

Continuación da historia protagonizada por Chi e Pelo Roibo de "Antes de durmir" de gran éxito internacional abordando temas coma os celos, segredos e inclusión. Ao pequeno raposo non lle gusta o inverno porque o seu amigo o leirón hiberna e el queda só. Pero esta vez atópase cun teixugo, Bas e faise amigo del. Xuntos divírtense moito e, cando chega o momento en que Chi (o leirón) esperta, o raposo non sabe se presentar ao novo amigo ou esconderlle esta novidade.O temor de que o leirón poida querer ao teixugo máis que el fréao de revelarlle a verdade. Así trata de ocultalo dividíndose entre os dous amigos. Pero a maneira de comportase de pequeno raposo fan que Chi sospeite e pronto descobre a existencia de Bas. Os tres convértense en grandes amigos e dannos unha gran lección, no corazón de cada un de nós hai lugar para moitos amigos aos que querer.

Autor

Giorgio Volpe

Giorgio Volpe naceu en Reutlingen (Alemaña) en 1990, creceu en Calabria e vive en Roma desde 2009. Licenciado en 2018 pola Universidade de Roma en Literatura e Filosofía. En 2014 fundou e dirixe unha produtora teatral, para a que escribiu varias pezas teatrais. Ademais do seu labor como actor, traballa como escritor de literatura infantil. Encántalle a arte, as viaxes, o frío considerándose como "un hiperactivo creativo".

Paolo Proietti

Paolo Proietti naceu en Roma en 1986. Apaixonado polo manga e o anime desde neno, despois da secundaria asistiu a un curso de Gráfica e Comunicación Visual na Escola Internacional de Cómics de Roma. É un apaixonado da literatura infantil e en 2016 gana o Premio Scarpetta d'Oro no grupo de idade 0-6 anos. Dende 2017 traballa con varias editoriais como ilustrador para nenos. A súa principal fonte de inspiración son as obras do mestre do cinema de animación Hayao Miyazaki.