Datos del libro

María Miramontes e Ánxel Casal Bará, Diego/Gregores, Bea

  • Editorial: CUMIO
  • Materia: INFANTIL: DE 7 A 9 AÑOS
  • Colección: (G).MIUDIÑAS
  • Fecha de publicación Interleo: 20/03/2025
  • EAN: 9788482897189
  • Encuadernación: RUSTICA
  • Páginas: 32
  • Tamaño: 170x250 mm.
  • Idioma: GALEGO
14,96 €

María e Ánxel quixeron construír un mundo máis xusto. O terror e a violencia máis cruel cortoulles as ás para seguir voando e ter unha vida plena no seu país, ao que tanto amaban e defendían.

    A colección mestura biografías con textos rimados, permitindo que as nenas e nenos se familiaricen coa vida e obra de persoas senlleiras da nosa cultura dun xeito ameno e entretido.

Sinopsis

Chega un novo título da colección MIUDIÑOS, que nos achega, a través de palabras e imaxes, a vida de personaxes senlleiros da nosa cultura.

Neste libro, coñeceremos a María Miramontes e Ánxel Casal, dúas figuras fundamentais na loita pola nosa lingua e cultura. A súa historia é un exemplo de paixón, resistencia e amor pola cultura galega, un legado que aínda hoxe seguimos lembrando.

María Miramontes naceu en Guísamo, Bergondo, en 1895 e dedicou a súa vida a defender a lingua e a cultura galega. Traballaba como costureira na Coruña, pero a súa verdadeira paixón levouna a unirse ás Irmandades da Fala e a apoiar a editorial Nós, que dirixía o seu marido Ánxel Casal, sendo éste un dos primeiros e máis relevantes editores na época moderna da nosa língua.

En 1936, tras o asasinato de Ánxel, María tivo que exiliarse en Bos Aires, pero nunca deixou de loitar por Galicia. Grazas ao seu traballo, o galego seguiu vivo mesmo nos momentos máis difíciles.