Datos del libro

Diarios Zombi 2: Ao feito, uuubre! AA.VV.

  • Editorial: BULULU
  • Materia: LITERATURA INFANTIL: DE 10 A 12 AÑOS
  • Colección: DIARIOS ZOMBI
  • EAN: 9788410049000
  • Encuadernación: RUSTICA
  • Páginas: 256
  • Tamaño: 130x210 mm.
  • Idioma: GALEGO
14,90 €

Segunda entrega da divertidísima serie Diarios Zombi!

    UNHA FRENÉTICA AVENTURA CHEA DE VACAS, EXPLOSIÓNS, LAMBETADAS, BABAS, PEIDOS E ESPAGUETES

Sinopsis

Ola! Son Jimmy e estou vivindo unha APOCALIPSE ZOMBI totalmente estraña! Todo o mundo anda bruando e babando por todas partes! E resulta que atopar unha cura para devolver as VACAS ZOMBIS á normalidade non é tan doado como parecía. Aínda así, os meus amigos e mais eu non perdemos a esperanza! Estamos seguros de que o meu can, Oso, e a súa baba superespecial son a clave para arranxar esta lea... Crucemos os dedos!

Autor

Guy Edmonds / Matt Zeremes

Son escritores, directores e actores gañadores do premio Emmy. Crearon, escribiron, dirixiron e actuaron na súa primeira serie infantil para televisión Hardball, da que se emitiron vinte e tres episodios durante dúas tempadas. A súa primeira serie de libros para nenos Zoo Crew publicouse en 2021 e fai gala da diversión e a imaxinación pola que Guy e Matt son coñecidos. Cando eran estudantes, Guy era campión de escalada, tocaba o clarinete e o seu batido favorito era o de lima. Matt era campión de fútbol, gustaba de coleccionar cromos e almorzaba lasaña. Soñan con poñer algún día liteiras no seu despacho para poder tomar sestas despois do xantar.