Datos del libro

Grandes cidades, pequenos viaxeiros. Londres VV.AA.

  • Editorial: BULULU
  • Materia: ALBUMES ILUSTRADOS
  • Colección: GRANDES CIUDADES, PEQUEÑOS VIAJEROS
  • EAN: 9788418667442
  • Encuadernación: TAPA DURA
  • Páginas: 104
  • Tamaño: 203x254 mm.
  • Idioma: GALEGO
22,00 €

Benvidos á segunda travesía desta colección que combina o formato de guía de viaxe cunha serie de propostas interactivas que nos transportarán ás cidades máis espectaculares do mundo. Despois da nosa parada en Nova York, chegamos a Londres!

  • Nesta segunda entrega da serie Grandes cidades, pequenos viaxeiros, que combina guías de viaxe cun formato interactivo, os nenos poden imaxinar, crear e explorar as súas propias rutas polas grandes cidades do mundo.
  • Coas súas preciosas ilustracións, os seus personaxes adorables, unha valiosa selección de recursos e un divertido mapa a dobre páxina, Grandes cidades, pequenos viaxeiros ten todo o que precisas para crear a túa propia aventura.

Sinopsis

Subirías ao metro para ir visitar o Palacio de Buckingham, irías comer algo delicioso a Brick Lane ou dedicarías o teu tempo ao Big Ben? Crea o teu propio itinerario e escolle os lugares que queres visitar ao final de cada páxina en Grandes cidades, pequenos viaxeiros: Londres. Tanto se es un viaxeiro de salón coma se es un verdadeiro turista, aquí hai ducias de maneiras de explorar os lugares emblemáticos, de atreverte a coñecer sitios diferentes e saír das rutas convencionais.

Autor

Holley Maher

É a célebre deseñadora de papelería que hai tras de Wink Wink Paper Co., ademais de ser compositora e artista musical. Vive en Nashville, Tennessee, xunto co seu preguiceiro can Booker.

Beth Beckman

Editora e fundadora do sitio web da colección orixinal Little Kid, Big City. Está considerada por milleiros de familias como unha autoridade en viaxes con nenos. Como boa exploradora, sempre ávida de aventuras, ofrece recomendacións de viaxes e actividades na súa conta de Instagram. Vive en Nova York coa súa familia, que inclúe a Hotdog, un pequeno can salchica de gran personalidade.