Datos del libro

Diferentes diferenzas Penide Álvarez, Silvia

  • Editorial: BULULU
  • Materia: LITERATURA INFANTIL: DE 5 A 6 AÑOS
  • Colección: CARANTOÑA
  • EAN: 9788418667169
  • Encuadernación: TAPA DURA
  • Páginas: 48
  • Tamaño: 205x225 mm.
  • Idioma: GALEGO
15,50 €

TODOS SOMOS TAAAAN DIFERENTES... E OS PROTAGONISTAS DESTE LIBRO TAAAAN DIVERTIDOS. E VÓS CÓMO SODES?

  • A diferenza como elemento enriquecedor, divertido e dinamizador.
  • Os protagonistas deste libro son diversos e diferentes.
  • Para prelectores e primeiros lectores,

Sinopsis

Sacar o máximo partido á vida, á amizade e respectar os demais sen importar se son feos ou bonitos, altos ou baixos, con tres ou con catro patas... é sempre unha vantaxe para habitar este mundo que ás veces complicamos máis do que deberiamos. Os protagonistas deste libro son diversos e diferentes. Amósannos que empregan as súas características particulares para gozar dunha vida plena e chea de amigos e aventuras. Un elefante de tres patas, un moucho de catro ollos, unha tartaruga sen cuncha ou un libro sen cuberta... cantas cousas diferentes poden facer! Incluímos dentro da nosa colección Carantoña, para prelectores e primeiros lectores, en letra maiúscula, este delicioso álbum infantil que é un canto á diversidade e mesmo á disfunción. En definitiva, o que nos define como individuos non é o número de pernas, ollos ou vitorias que acumulemos, senón como afrontamos o mundo e a nosa relación cos demais.

Autor

Emilio González Urberuaga

Madrid 1954, dende que a principios dos 80 inicia o seu traballo como ilustrador, publicou máis dun cento de títulos, tanto como autor das ilustracións como, en moitas ocasións, como autor tamén dos textos. Ademais destaca o seu traballo en colaboracións en xornais, revistas, libros de texto e carteis publicitarios. A súa obra exponse en centros artísticos de primeiro nivel, sendo o único ilustrador español con obra no Chihiro Art Museum de Tokio.

Silvia Penide

Intérprete e autora de cancións moi directas, cunhas letras cheas de sensibilidade que conectan de inmediato co público. Comezou en 2002 co seu primeiro LP, 'Kilómetros'. A partir dese intre, concertos por toda a península e en salas de Croacia, Italia, Eslovenia, Portugal ou Alemaña. Gañou en dúas ocasións os Premios Martín Códax. Ao longo dos últimos dous anos, entre canción e canción, Silvia escribiu textos nos que recollía as súas emocións e reflexións máis íntimas dirixidas ao público infantil. Pequenas historias, elaboradas cun sentido crítico e reivindicativo e aderezadas de optimismo e afán de superación, deron lugar ao seu primeiro libro, DIFERENTES DIFERENZAS (Editorial Bululú 2021).