Datos del libro

(GAL) O noso recuncho NÚÑEZ, MARINA

  • Editorial: TRIQUETA VERDE
  • Materia: INFANTIL: DE 3 A 4 AÑOS
  • Colección: COLECCION VERDE
  • Fecha de publicación Interleo: 01/01/2022
  • EAN: 9788418687297
  • Encuadernación: TAPA DURA
  • Páginas: 48
  • Tamaño: 240x250 mm.
  • Idioma: GALEGO
7,95 €

Hoxe no barrio acordaron cunha mala nova: o recuncho onde os nenos e as nenas brincan cada tarde vai desaparecer moi pronto. Onde continuarán todas as súas historias? Van poder facer algo para salvalo?

  • Esta historia ocorre en lugar moi especial, un espazo verde onde todo é posible no medio dunha gran cidade.
  • Trátase dunha historia que ten lugar nun escenario moi próximo aos nenos e nenas, o lugar no que pasan as tardes xogando, inventando, imaxinando outros mundos.

Sinopsis

Cando os nenos e nenas descobren que este recuncho no que viviron tantas aventuras vai desaparecer, empezan a coidalo como nunca e a soñar en todo o que podería suceder alí se non fóra a chegar pronto o seu fin. Cando o día temido chega, deciden plantarlle cara ás máquinas que ameazan con acabar co espazo e únense para protexer o lugar no que tantos bos momentos pasaron. Só xuntos poderán salvar este recuncho tan especial, co apoio dos seus familiares e de toda a veciñanza. A historia móstranos un exemplo da forza que podemos chegar a ter cando traballamos xuntos. Cóntanos unha historia de loita polos espazos cheos de vida que quedan nas cidades e móstranos a importancia de lugares que sexan para as persoas que conforman a nosa comunidade. Consideramos que é un tema en grao sumo actual, xa que nestes tempos puidemos ver como especialmente as necesidades da infancia tíñanse totalmente esquecidas.