Datos del libro

Un banquete fabuloso Morales, José

  • Editorial: OQO
  • Materia: INFANTIL: DE 3 A 4 AÑOS
  • Colección: COLECCION O
  • Fecha de publicación Interleo: 13/06/2024
  • EAN: 9788498717273
  • Encuadernación: TAPA DURA
  • Páginas: 40
  • Tamaño: 250x230 mm.
  • Idioma: GALEGO
15,90 €

Sinopsis

Peluxiña é a última en nacer nunha gran familia de coellos. A comida non é suficiente para todos e a pequerrecha sempre queda con fame, así que unha noite decide saír da coelleira e procurar alimento pola súa conta; pero o bosque está cheo de perigos e sorpresas e, nesta aventura, a intrépida coelliña levará algún bo susto do que sairá vitoriosa grazas ao enxeño, a tenacidade e a sabedoría que irá adquirindo no seu camiño. E se o problema inicial era a falta de comida, o desenlace e agasallo final será “un banquete fabuloso” para a familia toda, resultado da afouteza e tenacidade da nosa pequena protagonista. Cunha trama simple e unha estrutura divertida, que lembra algúns contos tradicionais,

Peluxiña espertará a simpatía dos máis cativos, que poderán acompañala e, ao seu carón, vivir emocións, superar contratempos e enfrontar medos, dificultades e perigos, ata chegar o merecido triunfo final. En definitiva, unha divertida historia de José Morales sobre o crecemento, a aprendizaxe e a perseveranza na procura de obxectivos. As dinámicas e eficaces ilustracións de
Mar Ferrero e os magníficos personaxes que crea, fanque o tempo narrativo flúa con facilidade, permitindo que o pequeno lector entenda o proceso de crecemento e sinta a fantasía do texto como unha experiencia propia.

Ademais, nas ilustracións, podemos atopar divertidas chiscadelas que axudan a interpretar visualmente detalles non transmitidos en palabras, cunha formulación que abre a porta a novos significados e insuflan vida á relación palabra-imaxe