Datos del libro

A xirafa Oriana Gil, Sabela / Guerrero, Borxa

  • Editorial: OQO
  • Materia: INFANTIL: DE 3 A 4 AÑOS
  • Colección: COLECCION O
  • Fecha de publicación Interleo: 12/03/2026
  • EAN: 9788498717839
  • Encuadernación: TAPA DURA
  • Páginas: 36
  • Tamaño: 250x230 mm.
  • Idioma: GALEGO
15,90 €

Este álbum conta, en verso, a historia da xirafa Oriana, que se ve obrigada a emigrar e buscar traballo noutro país.

    Unha homenaxe tamén á literatura oral, esencial para gozar da palabra, e aos narradores que viaxan, dun lugar a outro, levando as súas historias como equipaxe.

Sinopsis

Lucía moitos colares,
podía cruzar os mares
e vixiaba de lonxe
o que había no horizonte.

O álbum constitúe unha ferramenta para que os primeiros lectores poidan achegarse a realidades que descoñecen e empatizar cos personaxes, entendendo as dificultades ás que se enfrontan aquelas persoas que teñen que fuxir da súa terra e buscar un novo fogar: un lugar seguro onde vivir en paz.

Ela tivo que emigrar
e atravesar todo o mar,
cargando a súa equipaxe
con esperanza e coraxe.

Chegou logo a outro país,
pensando alí ser feliz.

Nos momentos máis complicados, Oriana, ao pasar por unha escola, escoita voces que lle preguntan e se preocupan por ela. Serán precisamente os máis cativos os que lle tenden unha man amiga, implicándose para procurar unha solución xusta.