Datos del libro

Qué roubo máis boubo! Varela, Emma / Troncatti, Graziella

  • Editorial: OQO
  • Materia: INFANTIL: DE 3 A 4 AÑOS
  • Colección: COLECCION O
  • Fecha de publicación Interleo: 07/03/2024
  • EAN: 9788498717259
  • Encuadernación: TAPA DURA
  • Páginas: 36
  • Tamaño: 250x230 mm.
  • Idioma: GALEGO
15,90 €

A ratiña sae da casa, apurada, a mercar comida e choca con alguén, no tumulto do mercado. De súpeto decátase de que lle roubaron a carteira e vai correndo a perseguir ao culpable. A partir deste intre comeza unha disparatada historia na que as cousas non son mesmo o que semellan ser.

Sinopsis

A desconfianza é un sentimento de dúbida que xera pensamentos negativos e fainos ver persoas deshonestas ao noso ao redor.

Con frecuencia, na infancia escóitanse mensaxes de intolerancia, opinións ou críticas que fan sentir confundidos aos cativos ou mudan o seu sentido da realidade; tamén as présas ou o xeito de vida pode facer xerar desconfianza. Aprender a confiar é indispensable para ter unha mente sa e relacións satisfactorias. Xulgar desde os feitos, atender ao que outras persoas teñen que dicir e observar a realidade sen estar á defensiva, é clave para un bo desenvolvemento. Pero este conto tamén nos ensina que o erro pode ser unha ferramenta que pode modificar unha actitude; unha oportunidade motivadora para aprender e xerar gratitude.

A ilustradora, Graziella Troncatti, á marxe de respectar a intención da autora do texto, desenvolve e enriquece a historia desde as imaxes, estimulando así a sensibilidade visual dos lectores para ampliar o significado do relato