Datos del libro

(GAL) Sígueme! (Unha historia de amor que non ten nada de raro) CAMPANARI, JOSÉ/ OLMOS, ROGER

  • Editorial: OQO
  • Materia: INFANTIL Y JUVENIL
  • Colección: COLECCION O
  • EAN: 9788498716764
  • Encuadernación: TAPA DURA
  • Páginas: 48
  • Tamaño: 250x230 mm.
  • Idioma: GALEGO
14,90 €

Sinopsis

Un elefante gris con lunares morados que vive nunha selva, namora dunha formiga negra con cintura de avespa. O seu amor é correspondido, pero, para chegar a estar xuntos teñen moito camiño que percorreren. A formiga convida o elefante a seguila e o elefante non o pensa dúas veces. Nin lento nin preguizoso, o elefante percorre un camiño bordeado de árbores, métese ata o fondo dunha cesta de costura, nada dentro dunha botella de auga… Despois de moito andar, elefante e formiga atópanse e gozan do seu amor, un amor con cintura de avespa e lunares morados… que non ten nada de raro!

Autor

José Campanari

Tras moitos anos nas artes escénicas e a narración oral, e no seu primeiro álbum ilustrado, presenta unha historia divertida e delirante, cun personaxe entrañable que é quen de percorrer calquera camiño, por difícil que pareza, na procura do amor verdadeiro. En realidade, estamos diante dunha historia de amor sen prexuízos, que supera calquera barreira ou diferenza (tamaño, cor, cultura…).

Roger Olmos

Roger Olmos, no traballo de ilustración, aproveita o ton surrealista da historia para crear espazos imposibles, cheos de humor e tenrura, enriquecendo a lectura con detalles no trazo dos distintos escenarios. Nas imaxes, os pequenos lectores atoparán notas de humor que estimularán a súa curiosidade e imaxinación.