Datos del libro

(GAL)A princesa que bocexaba a todas horas Gil Martinez, Carmen

  • Editorial: OQO
  • Materia: INFANTIL Y JUVENIL
  • Colección: COLECCION O
  • Fecha de publicación Interleo: 01/03/2022
  • EAN: 9788498716498
  • Encuadernación: TAPA DURA
  • Páginas: 36
  • Tamaño: 250x230 mm.
  • Idioma: GALEGO
15,90 €

A princesa non facía máis que bocexar e, como os bocexos son tan contaxiosos, todo o palacio andaba coa boca aberta: o rei, a raíña, os ministros…, mesmo o gato e o can do xardineiro bocexaban. O rei trataba de contentar a súa filla con todo o que tiña ao seu alcance, porén, os seus esforzos eran en balde. Un día, mentres paseaba polos xardíns, o fillo dun criado de palacio achegouse á princesa e...

  • Galardoado en 2006 co SEGUNDO PREMIO ÁS MELLORES ILUSTRACIÓNS na categoría de Libro Infantil e Xuvenil, outorgado polo Ministerio de Cultura.
  • As ilustracións de Elena Odriozola presentan un trazo delicado e intimista, con moita personalidade; sutil tanto no nivel técnico como no nivel conceptual.

Sinopsis

Un relato divertido, sinxelo e eficaz que, con acento poético, tira proveito da linguaxe e salienta o valor da amizade cunha mensaxe clara e directa para os lectores: nin bólas de xeado, nin colchóns de pluma, nin elefantas amarelas alegran o corazón das princesas tanto como un bo amigo. Un conto para que os nenos aprendan a recoñeceren os valores e a gozaren plenamente da infancia. Nunha sociedade a miúdo ameazada polo consumo, cómpre que non esquezamos a importancia das relacións humanas, do xogo tradicional e da experimentación como actividades indispensables para comprender o mundo e establecer lazos afectivos.