Datos del libro

(GAL) Milo e Loberto Caba, Gaston

  • Editorial: CUMIO
  • Materia: INFANTIL Y JUVENIL
  • Colección: SIN COLECCION
  • EAN: 9788482895741
  • Encuadernación: TAPA DURA
  • Páginas: 48
  • Tamaño: 170x240 mm.
  • Idioma: GALEGO
14,96 €

Milo e Loberto fanse amigos de maneira instantánea. É que os dous son igual de monstruosos! Queres ser ti tamén o seu amigo?

  • Ofrecen textos breves e sinxelos.
  • Outorgan importancia á linguaxe visual.
  • Contan con historias variadas, para todo tipo de lectores.
  • As historias son fáciles de seguir, dinámicas e pegadizas.

Sinopsis

O novo cómic infantil de Gastón Caba, é un libro cheo de historietas onde coñeceremos a dous novos personaxes que estamos seguros que non vai deixar indiferente a ninguén. A través de Milo (un pequeno morcego cheo de pencas) e do seu recente amigo Loberto, viviremos aventuras e situacións cotiás con moito humor á vez que imos aprendendo sobre eles e o seu peculiar xeito de relacionarse. O libro está estruturado en vinte historias diferentes, con pouco texto e en maiúsculas. Adaptado para os lectores máis pequenos (e non tan pequenos). Levan un máximo de seis viñetas por páxina cunha tipografía e cun deseño moderno que potencia sobre todo a expresividade das ilustracións.

Autor

Gastón Caba

É ilustrador, deseñador de personaxes e profesor. Actualmente vive e traballa en Galicia. Recoñecido internacionalmente polos seus deseños e creación de personaxes, traballou con clientes como Adidas, Benetton, Sony Playstation, con especial atención por parte do público asiático. En 2005 crea un ambicioso proxecto co que se dá a coñecer chamado Ping Pong Remix, no que convidou a máis de 70 artistas de todo o mundo a reinterpretar o seu traballo. A partir da 2010 lanza We Love Patterns e fai cursos grupais e individuais de ilustración e deseño de estampas en talleres, empresas e colexios. No 2011 súmase ao equipo docente da cátedra de ilustración de Daniel Roldán, na UBA, exercendo como Xefe de Traballos Prácticos desde o 2016. Actualmente colabora na revista Dot co seu personaxe "Churro": unha tira cómica muda. "Churro" editouse en Arxentina por Edelvives en decembro de 2016, e foi premiado en 2017 como destacado en Historieta Infantil por Alija Ibby Arxentina.