Datos del libro

O superlibro dos inventos Barfield, Mike / Höllbacher, Franziska

  • Editorial: CUMIO
  • Materia: INFANTIL: DE 7 A 9 AÑOS
  • Colección: DIVULGATIVA
  • EAN: 9788482896748
  • Encuadernación: RUSTICA
  • Páginas: 96
  • Tamaño: 220x290 mm.
  • Idioma: GALEGO
16,95 €

Unha forma irresistible de adentrarse na ciencia e na tecnoloxía cun chisco de historia e... humor!

Sinopsis

Dálle a benvida ao novo cómic de divulgación de Cumio. Un libro-cómic súper desenfadado cheo de viñetas que nos conta as historias dos inventos máis asombrosos e tolos do mundo.

Sabías que o plástico de burbullas naceu como un novo tipo de papel para a parede ao que ninguén lle gustou? Ou que Lonnie Johnson inventou as famosas pistolas Nerf mentres traballaba nunha misión da NASA a Saturno?

O autor cóntanos as fascinantes historias reais que se esconden detrás dunha serie de inventos e innovacións. Desde plástico de burbullas aos supercoñecidos post-it, da pizza ás zapatillas de deporte ou dos osiños de peluche ao retrete.

Estas historias cóntanse nun animado formato de cómic, e dános a posibilidade de coñecer a todo o elenco de personaxes implicados nestes momentos luminosos que cambiaron o mundo e a todos nós.