Datos del libro

E que podo facer? Camapari, José/ Cisneros Jesús

  • Editorial: OQO
  • Materia: INFANTIL: DE 5 A 6 AÑOS
  • Colección: COLECCION O
  • Fecha de publicación Interleo: 06/03/2025
  • EAN: 9788498717488
  • Encuadernación: TAPA DURA
  • Páginas: 36
  • Tamaño: 250x230 mm.
  • Idioma: GALEGO
15,90 €

O señor X le as noticias do xornal, e o corpo éncheselle de preocupacións. A cada momento pregúntase: E que podo facer eu? Un día atopa unha resposta; outro día, outra; e outra máis...

Sinopsis

Cómpre espertar, xa na infancia, a conciencia de que a vida non resulta doada para todos; revelar, desde os primeiros anos, os matices da realidade máis próxima, sen necesidade de padecer ou visualizar esas situacións dramáticas, pero tomando conciencia, aos poucos, da desigualdade e as inxustizas sociais.

Con esta lectura, os máis pequenos comprenderán que paga a pena ser activos e implicarse na loita por valores como a igualdade, a solidariedade e a xustiza social.

Este álbum lémbranos que hai que ver máis aló de nós mesmos, e esforzarse por axudar a quen o precisa. Son moitas as cousas que, case sen darnos conta, podemos facer. Abonda con abrir os ollos e aprender a mirar o mundo que nos rodea, para espertar a empatía e aprender a poñernos no lugar doutro. A lectura e a comprensión deste álbum anímanos a que manteñamos unha actitude xenerosa que contribuirá ao crecemento persoal e a unha vida máis satisfactoria. En resumo: un raio de esperanza para comezar a mudar o planeta e que nos enfrontemos aos problemas do noso tempo.