Datos del libro

Coas mans baleiras Tortosa, Ana/ Varela, Cecilia

  • Editorial: OQO
  • Materia: INFANTIL: DE 5 A 6 AÑOS
  • Colección: COLECCION O
  • Fecha de publicación Interleo: 07/09/2023
  • EAN: 9788498717136
  • Encuadernación: TAPA DURA
  • Páginas: 36
  • Tamaño: 250x230 mm.
  • Idioma: GALEGO
15,90 €

Un álbum ilustrado poético, delicado e directo que nos axuda a reflexionar sobre a demostración de afecto, potenciando aprendizaxes ricas en valores e benestar emocional.

Sinopsis

Ademais o álbum esixe unha lectura atenta para resolver o reto que nos propón: adiviñar a identidade do misterioso Mario antes de chegar ao final, fiando as pistas que Jana nos ofrece ao longo do relato.

Autor

Cecilia Varela

Cecilia Varela encheu de luz e vida as páxinas do libro. As súas continuas referencias ao mar e os motivos mariños (o temón, a praia, o faro, a buguina...) son unha metáfora dese mar de preguntas polo que navega Jana en busca do mellor agasallo para o seu amigo.

Ana Tortosa

Ana Tortosa elixe un título revelador, “Coas mans baleiras”, para este conto que presenta valores moi afastados dos que a sociedade de consumo trata de impoñernos. Da man da protagonista deste álbum, descubriremos que o mellor regalo non é o que nos ofrece unha moda imposta por modas ou mercados. O agasallo é unha mostra de afecto ou gratitude que pode ir moito máis alá do material, explorando outras alternativas: a natureza, a imaxinación, a creatividade…