Datos del libro

A tartaruga que quería durmir Aliaga Sanchez, Roberto

  • Editorial: OQO
  • Materia: LITERATURA INFANTIL: DE 0 A 12 AÑOS
  • Colección: O
  • EAN: 9788498710212
  • Encuadernación: TAPA DURA
  • Páginas: 36
  • Tamaño: 250x230 mm.
  • Idioma: GALEGO
14,90 €

Sinopsis

A tartaruga ten moito sono e vai durmir o inverno todo. Cando xa está na cama, despois de cumprir co ritual para ir durmir (cepillar os dentes, poñer o camisón, acomodar as sabas…), alguén chama á porta. Son os seus amigos, que van chegando con agasallos (un pucho, unha torta de pera, unha manta…) para acompañala antes do longo período de sono que lle agarda. A amizade é importante e a tartaruga agradece as atencións, pero cada vez ten máis sono e o único que quere é que a deixen tranquila para poder durmir… O medo á noite, á escuridade, ou o desacougo no momento de durmir resultan moi comúns durante a infancia. Por iso, cómpre que os nenos se identifiquen con personaxes que viven estas experiencias con tranquilidade, e desta maneira, se decaten de que o descanso e o silencio son necesarios. Do punto de vista formal, a historia está construída a partir de rimas, repeticións, enumeracións, e cunha linguaxe sinxela, que funciona moi ben cos máis pequenos. O xogo de onomatopeas, reforzado pola ilustración, dálle un ton lúdico á narración e marca un ritmo no que os oíntes poden participar.