Datos del libro

O crebanoces CANOSA, MARÍA/ PINTOR, DAVID

  • Editorial: BULULU
  • Materia: LITERATURA INFANTIL: DE 7 A 9 AÑOS
  • Colección: SIN COLECCION
  • EAN: 9788418667572
  • Encuadernación: TAPA DURA
  • Páginas: 36
  • Tamaño: 210x290 mm.
  • Idioma: GALEGO
17,90 €

Un álbum máxico do conto máis clásico do Nadal

  • María Canosa e David Pintor crean un álbum cheo de fantasía.
  • Unha ocasión perfecta para coñecer o relato do Crebanoces e o Rei dos Ratos, un conto clásico entre os clásicos que inspirou o ballet máis famoso de todos os tempos. Un libro para atesourar.

Sinopsis

Para festexar o 10º aniversario de Bululú, recuperamos o noso primeiro álbum ilustrado nunha edición especial, revisada e renovada. María Canosa adapta o conto clásico de E. T. Amadeus Hoffmann, creando unha historia marabillosa e entrañable. David Pintor dá vida ao texto cunhas ilustracións cheas de fantasía e beleza, co seu particular e inimitable estilo artístico.

Autor

María Canosa

María Canosa Blanco (Cee 1978) é Enxeñeira de Camiños, Canais e Portos, destaca desde moi nova na sua faceta literaria especialmente vencellada á poesía e literatura infantil en galego. Becada e premiada desde as súas primeiras obras de adolescencia, desarrolla, a pesar da súa xuventude, unha ampla traxectoria como escritora, conferenciante, presentadora de tv... Ten publicados distintos xéneros literarios en diferentes editoras, estando a maior parte dos seus títulos dentro da literatura infantoxuvenil. En Bululú publicou O Crebanoces, Pasen e miren, Caderno de Lúas e as biografías ilustradas de Emilia Pardo Bazán e María Casares.

David Pintor

David Pintor (A Coruña, 1975) É ilustrador, humorista gráfico e caricaturista. En 1992 comeza a colaborar co guionista Carlos López baixo o pseudónimo de Pinto & Chinto, converténdose en pouco tempo nun referente do humor gráfico en prensa. Esta parella artística publicou na nosa editorial a exitosa colección 'Carambola' coa súa estrambótica revisión de clásicos da literatura universal. A partir do ano 2000, David inicia a súa traxectoria no campo da ilustración infantil e, dende entón, publicou en editoriais de todo o mundo e recibiu multitude de premios e galardóns.