Datos del libro

Animalfabeto
Alfabeto poético
MEJUTO, EVA/ DIAZ, NURIA

  • Editorial: TRIQUETA VERDE
  • Materia: LITERATURA INFANTIL: DE 3 A 4 AÑOS
  • Colección: SIN COLECCION
  • EAN: 9788418687228
  • Encuadernación: TAPA DURA
  • Páginas: 72
  • Tamaño: 240x300 mm.
  • Idioma: GALEGO
18,95 €

Con este animalfabeto poético coñeceremos unha chea de bechos atrevidos, divertidos, coloridos. Animais viaxeiros, rebuldeiros e aventureiros cos que veremos as letras dun novo xeito. Animádesvos coa aventura?

  • O argumento da obra parte dos recursos literarios, fónicos e rítmicos da literatura de tradición oral: preguntas e respostas, ritmo, rima e estruturas acumulativas, moi apropiadas para as primeiras idades.
  • A idea é que o animal principal de cada páxina estea configurado, graficamente, a partir da propia forma da letra que lle corresponde, que sexa reconocible tanto a letra como o animal.

Sinopsis

Os animais, empezando pola araña, vanse preparado para unha viaxe. Pensan nas cousas que precisan: abrigo (os animais cuxo nome empeza pola "A"), bolso (os animais coa "B"), crema para o Sol (os animais coa C)... Cando cada animal está listo, chama polos seus amigos (Abella chama pola avespa, pola Azor, pola Araña...) e van tomando asento... Así pasa con todas as letras do alfabeto, ata que ao final... empeza a chover. Descóbrese ao final do conto que se trata do ARCA DE NOÉ.

A idea é que o animal principal de cada páxina estea configurado, graficamente, a partir da propia forma da letra que lle corresponde, que sexa reconocible tanto a letra como o animal. Esta idea dános xogo para crear toda a proposta didáctica do libro, que, ademais de servir para entreter aos máis pequenos, teña unha función tanto de traballo na aula como punto de encontro para aprendizaxe e o xogo nas familias.

Autor

Eva Mejuto

Escritora nada en Sanxenxo (Galicia, España). É licenciada en xornalismo na USC cunha tese doutoral sobre o realismo social nos álbums ilustrados chamada. Dedicouse ao mundo editorial con obxectivo infantil durante 18 anos (1998-2016) pasando pola editorial Kalandraka e pola editora OQO. Desde 2017 coordina o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. En 2018 forma parte do proxecto “ Capicúa” de xestión cultural e proxectos. Realizou cursos de formación sobre libro-álbum e exerceu a docencia do máster “Libro Ilustrado e Animación Audiovisual” da facultade de belas artes da Universidade de Vigo. Participa habitualmente en encontros con alumnado de colexios. A súa especialidade é a literatura infantil e xuvenil.

Nuria Díaz Ilustradora

Estudou Belas Artes na Universidade de Vigo, e a súa vida profesional encamiñouse cara ao deseño gráfico. Leva desde o 2012 dedicándome á ilustración a tempo completo. Desde entón traballou en diferentes ámbitos da ilustración, desde ilustración infantil ata ilustración de produto. Encántalle a sensación de enfrontarse #ante un novo proxecto, ver como as follas en branco do seu caderno van collendo vida aos poucos. As súas ilustracións defíneas como sinxelas e poéticas con certo aire näif. Moviendose entre o tradicional e o dixital resultando o seu traballo nunha mestura de ambas as técnicas.