Datos del libro

(GAL) Viaxes en trens de primeira clase TORRENT, DANI

  • Editorial: TRIQUETA VERDE
  • Materia: LITERATURA INFANTIL: DE 0 A 12 AÑOS
  • Colección: + TRIQUETA
  • EAN: 9788418687365
  • Encuadernación: TAPA DURA
  • Páginas: 72
  • Tamaño: 210x280 mm.
  • Idioma: GALEGO
19,95 €

Ganador en la 56º Exposición de Ilustradores

Sinopsis

Clementina desde pequena fora educada polo seu pai para entrar na alta sociedade da época. Toda a súa vida esforzouse por aprender os modais e a etiqueta que a alta sociedade esixía. O seu pai tiña a esperanza de que, grazas ás relacións que cultivara durante anos de traballo na administración pública, conseguiría para ela un bo matrimonio. O estalido da guerra no seu país e a morte do seu pai, acaban de súpeto con eses plans de futuro expostos. Soa, sen casa e sen apenas recursos debido aos desastres da guerra, Clementina idea un plan: gastarse ata o último céntimo dos seus aforros nun vestido de seda e un pase dun ano para viaxar en trens de primeira clase. O seu obxectivo, socializar cos cabaleiros máis distinguidos durante os longos traxectos que abono permitía co ánimo de cumprir un dos soños do seu pai, atopar o bo matrimonio que desexase. Pero, é este realmente o soño de Clementina? Estruturado como un conto clásico, Clementina ten tres encontros, tres cabaleiros cada un máis rico que o anterior, que lle propoñen ser a flor máis bela do seu xardín, a obra mestra da súa colección, e ata a xoia máis brillante da Coroa. Pero un xiro inesperado, converte esta fábula nunha historia de autocoñecemento e empoderamento feminino.

Autor

Dani Torrent

Dani Torrent Riba · Barcelona o 1 de decembro de 1974. Licenciado en Historia da arte pola Universitat de Barcelona, cun ano Erasmus na Università degli studi de Bolonia. Cursos de doutoramento na Facultade de Belas Artes da Universitat de Barcelona. Estuda dirección cinematográfica no Centre d’ Estudis Cinematogràfics de Catalunya (Barcelona) e cursa o ciclo formativo de grao superior de ilustración na Escola Llotja de Barcelona. En 2003 empeza a súa carreira como pintor profesional, pola que obtén varios recoñecementos como, entre outros, o premio a novos artistas da Fundació Fita de Xirona ou un segundo premio no concurso internacional de debuxo de Zabrze (Polonia), e é bolseiro como artista residente en Debrezen (Hungría) e no curso internacional de pintura de Xerez. Expuxo en España, Italia, Hungría e Polonia. Desde 2005 traballa como ilustrador freelance nos campos da ilustración editorial, publicitaria e de prensa. Asimesmo conta cun nutrido número de publicacións nas principais editoriais tanto a nivel nacional como internacional.