Datos del libro

Caracois! (caixa con 5 títulos) Quintero Laplume, Armando

  • Editorial: OQO
  • Materia: LITERATURA INFANTIL: DE 0 A 2 AÑOS
  • Colección: SIN COLECCION
  • EAN: 9788498710625
  • Encuadernación: TAPA DURA
  • Páginas: 24
  • Tamaño: 170x160 mm.
  • Idioma: GALEGO
45,00 €

Sinopsis

É que son feo, respondeulle Caracol a Caracola cando con ollos fermosos e corniños brillantes, lle preguntou polo motivo dos seus tristes suspiros. Pois a min non mo pareces, contestoulle, e xuntos descubriron a beleza e o valor da amizade. Unha formiga, de patas lixeiras, e un vermiño serán os seus compañeiros nesta viaxe iniciática, chea de emocións e sorpresas, polos misterios que depara a natureza e o mundo. Atendendo á importancia que teñen os libros ilustrados para o desenvolvemento en idades temperás, abrimos esta colección con especial coidado na selección dos contidos, a presentación das imaxes e a construción literaria. Cinco relatos breves, relacionados pero independentes, que expoñen temáticas próximas aos prelectores: a exploración do mundo, a contemplación da natureza, o descubrimento da amizade… E con imaxes que presentan situacións e personaxes cos que é fácil identificarse e experimentar emocións.