Datos del libro

(GAL) Cocorico Marisa Núñez/Helga Bansch

  • Editorial: OQO EDITORA
  • Materia: DE 6 A 8 AÑOS_LITERATURA INFANTIL
  • Colección: COLECCION O
  • EAN: 9788498711561
  • Encuadernación: Cartoné
  • Páginas: 36
  • Tamaño: 250x230 mm.
14,90 €

Sinopsis

Cocorico é un pitiño que vive feliz coa súa nai. Un día que Mamá Galiña vai facer biscoito, o pitiño ofrécese a ir pola leña para acender o forno. Cando está en plena faena, aparece un gato enorme e malvado que o quere devorar. De milagre, Cocorico salva a vida porque lle promete que lle dará a metade da merenda. Mais, unha vez pasado o perigo, o lambón de Cocorico esquece o trato e come o biscoito enteiro. A mamá anóxase: vai vir Gato Pelado e vaite comer dun bocado!. Nisto escoitan un ruído na porta: É Gato Pelado reclamando a súa metade de biscoito… Cocorico constitúe unha adaptación libre dun conto tradicional birmano co que os máis pequenos aprenden a compartir, a cumprir as promesas e a escoitar os consellos daqueles que saben máis. Neste caso, o pitiño é o causante da furia do gato, ao non lle deixar ren da merenda. Menos mal que Mamá Galiña virá en auxilio do seu pequeno e Cocorico finalmente aprenderá unha valiosa lección.