Datos del libro

(GAL) Un lobo de conto Peix, Susana/Canals, Mercè

  • Editorial: CUMIO
  • Materia: DE 6 A 8 AÑOS_LITERATURA INFANTIL
  • Colección: LEEMOS
  • EAN: 9788482895406
  • Encuadernación: Rústica
  • Páginas: 48
  • Tamaño: 150x210 mm.
11,95 €

Favorecer e estimular a aprendizaxe lectora nas etapas iniciais de descodificación do código lector

  • As características destes libros facilitan a lectura e fana máis accesible a todos os nenos e nenas.
  • Historias divertidas e frescas creadas para fomentar e gozar da lectura por pracer.

Sinopsis

En tanto que os seus brincaban no bosque e aprendían a ser lobos, o pequeño lobeto sempre ficaba na cova. Encantáballe escoitar os contos que lle contaba a súa nai. Era una grande inventora de historias! Os seus irmáns pensaban que esas historias eran unha perda de tempo, até que un día o lobiño lles deu unha boa lección.

Lemos +6 é unha colección creada para fomentar e gozar da lectura por pracer, a través de historias frescas que teñen un transfondo cheo de valores: solidariedade, amizade, honestidade, perseveranza… Valores, que aparecerán de maneira transversal e normalizadora nuns libros que presentan todas as características de accesibilidade á lectura no que respecta ao formato, a tipografía, disposición do texto, contraste de cor e ilustracións. Características pensadas e deseñadas desde a súa orixe para facilitar o acceso á lectura a todos os nenos e nenas.

Autor

Susana Peix

Bibliotecaria especializada en literatura infantil, escritora e especialista en accesibilidade. Diplomada en Biblioteconomía e Documentación pola UB, Posgrao en Accesibilidade e Deseño para todas as persoas pola UIC e Máster de Accesibilidade para Smart City pola UJA e a ONCE. Conta co título Fondos bibliográficos inclusivos pola UEMC, Accesibilidade en materiais dixitais pola UNED/UNED e a ONCE, Accesibilidade en atención a clientes pola UNED/UNED e ten formación en Lingua de Signos catalá e española, en Lectura Fácil e en Saúde mental. Forma parte do equipo docente do Posgrao de Llibrería de l' Escola de Llibreria da Facultade de Biblioteconomía e Documentación da UB. Forma parte do equipo de traballo do proxecto " Biblioteques Inclusives" impulsado polo Servei de Biblioteques da Generalitat de Cataluña e realiza formacións dirixidas a bibliotecarios e bibliotecarias sobre accesibilidade en bibliotecas. Participa en Congresos e Xornadas sobre accesibilidade.

Mercé Canals

Nada fronte ao mar en Badalona, encántalle saír a pasear moi cedo pola praia co seu can Sura para ver como sae o sol mentres nota a auga fría nos pés. Logo almorza, e con Sura xogando ben cerquita dos seus pés, empeza os primeiros bosquexos do día entre ladridos e programas de historia que escoita en liña.

Sempre ten proxectos cos que soñar cando salta á cama, e entusiásmanlle as propostas valentes aínda que lle fagan suar tinta, para acabar vestíndoas coas cores, paisaxes e sons que saen dos seus lapis e pinceis.