Datos del libro

(GAL) De festa en festa Veiga, Ramón; Sr. Reny

  • Editorial: CUMIO
  • Materia: COMIC & NOVELA GRAFICA
  • Colección: DIVULGATIVA
  • EAN: 9788482895789
  • Encuadernación: Cartoné
  • Páginas: 48
  • Tamaño: 290x320 mm.
19,95 €

Un manual para todo tipo de persoas con ganas de festa, “De festa en Festa” lévanos de viaxe por toda a península facendo paradas nos seus festexos máis curiosos e coñecidos.

    Ramón D. Veiga enlaza con mestría contos e tradicións de diferentes puntos da península ibérica acompañado do vibrante traballo do ilustrador Sr Reny.

Sinopsis

Este libro de gran formato leva tamén unha historia en cada festa que Ramón D. Veiga preparou para a ocasión. Desde a noite vella na famosa Porta do Sol ata a Vijanera de Cantabria, pasando pola Feria de abril ou os Mayos de Murcia. Un libro para consultar, aprender e gozar en familia. Non esperes a que chegue o verán para celebrar, este álbum a cabalo entre o divulgativo e a ficción trae a esencia das verbenas nas catro estacións.

Autor

Ramón D. Veiga

Ramón D. Veiga Licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade da Coruña, traballa desde o ano 1996 no eido da edición. Ten publicados para o público infantil Violeta quere ser vampiro. Un conto do Samaín (2017), É tempo de Entroido! (2018), A araña que lles tiña medo ás arañas (2019), Meigas fóra! (2020), Non pare a festa (2021), Miñoca e Coello (2021) e Miñoca e Pega (2022), todos eles no catálogo de Xerais. No ano 2020 publicou o conto en liña #EuQuedoNaCasa, que resume a situación que se viviu nos fogares onde hai nen@s durante os días de confinamento provocados pola COVID-19. Con Violeta Parapluie e outras historias de xente pouco corrente gañou o Premio Arume de Poesía para a Infancia 2021.

Sr. Reny

Sr. Reny é o nome do estudo creativo do ilustrador e deseñador Javier Ramírez, (O Porriño,1987). Cando era novo descubriu a cultura urbana e comezou a expresar as súas inquietudes a través do grafiti. Inspirado por esta cultura, decidiu formarse en artes gráficas, especializándose en ilustración e deseño gráfico. Posteriormente desenvolveu a súa actividade en diferentes axencias de publicidade e no sector téxtil ata que decidiu cambiar de rumbo e centrarse no que sempre quixo, a ilustración. Hoxe en día traballa para moitas marcas en campañas publicitarias, packaging, publicacións editoriais e moitos proxectos diferentes que reflicten as súas ideas.