Datos del libro

(GAL) A banda de lunares Baudet, Stephanie

  • Editorial: BULULÚ
  • Materia: A PARTIR 8 AÑOS_LITERATURA INFANTIL
  • Colección: SHERLOCK HOLMES PARA PEQUEÑOS DETECTIVES
  • EAN: 9788418667510
  • Encuadernación: Rústica
  • Páginas: 128
  • Tamaño: 130x210 mm.
13,90 €

"Con gran pesar, comunicámoslle o FALECEMENTO de Miss Julia Stoner de Stoke Moran."

    A través das crónicas do Dr. Watson compartiremos as súas aventuras cheas de misterio, roubos e asasinatos.

Sinopsis

A causa da morte é DESCOÑECIDA. Os misteriosos ruídos que se escoitaron por última vez no momento da morte de Julia Stoner REGRESARON. A súa irmá Helen sabe que é só cuestión de tempo antes de que ela sufra o mesmo destino. Un complot sinistro púxose en marcha, e o único xeito de atrapar o culpable é caer nunha TRAMPA MORTAL...

Con A banda de lunares chegamos xa ao quinto título desta colección amena e divertida cos mellores casos do detective máis famoso de todos os tempos. Grazas á súa narrativa áxil e ás rechamantes ilustracións axudará a consolidar o amor pola lectura dos máis novos. Ademais, as didácticas aclaracións sobre termos e obxectos propios da Inglaterra da época achegaraos á literatura clásica de detectives.

Autor

Sir Arthur Conan Doyle

Sir Arthur Conan Doyle foi un médico que, a finais do século XIX, comezou a escribir as primeiras novelas de Sherlock Holmes nos ocos que os seus pacientes lle deixaban na súa consulta de Southsea. Pouco imaxinaba este doutor inglés que o seu personaxe cobraría vida en catro novelas e cincuenta e seis relatos. Dende a súa creación, este sagaz detective foi levado ao celuloide en máis dunha vintena de filmes e protagonizou series de televisión, obras teatrais, películas de animación e banda deseñada. Perderiamos a pista de cantas edicións se fixeron das súas historias e da cantidade de lectores que gozamos con elas.