Datos del libro

O Carbúnculo Azul Baudet, Stephanie/Bellucci, Arianna

  • Editorial: BULULÚ
  • Materia: A PARTIR 8 AÑOS_LITERATURA INFANTIL
  • Colección: SHERLOCK HOLMES PARA PEQUEÑOS DETECTIVES
  • EAN: 9788418667152
  • Encuadernación: Rústica
  • Páginas: 112
  • Tamaño: 130x210 mm.
12,50 €

"A valiosa pedra preciosa coñecida como O Carbúnculo Azul foi ROUBADA onte do cofre da condesa de Morcar. A condesa ofrece unha recompensa de 1000 libras para quen poida proporcionar calquera información que axude a atopar a xema..."

  • A través das crónicas do Dr. Watson compartiremos as súas aventuras cheas de misterio, roubos e asasinatos.
  • O Carbúnculo Azul é o segundo título de Sherlock Holmes para pequenos detectives, unha colección amena e divertida cos mellores casos do detective máis famoso de todos os tempos.

Sinopsis

Grazas á súa narrativa e ás rechamantes ilustracións axudará a consolidar a lectura dos máis novos. Ademais, as didácticas aclaracións sobre termos e obxectos propios da Inglaterra da época achegaraos á literatura clásica de detectives.
Mentres a policía traballa para seguir a pista da xoia desaparecida, Holmes tenta reunir unha vianda
para a cea de Nadal xunto co seu dono. Mais, cando o detective atopa a pedra, Holmes e Watson
comezan una carreira contra o reloxo para salvarlle a vida a un home inocente.

Autor

Sir Arthur Conan Doyle

Sir Arthur Conan Doyle foi un médico que, a finais do século XIX, comezou a escribir as primeiras novelas de Sherlock Holmes nos ocos que os seus pacientes lle deixaban na súa consulta de Southsea. Pouco imaxinaba este doutor inglés que o seu personaxe cobraría vida en catro novelas e cincuenta e seis relatos. Dende a súa creación, este sagaz detective foi levado ao celuloide en máis dunha vintena de filmes e protagonizou series de televisión, obras teatrais, películas de animación e banda deseñada. Perderiamos a pista de cantas edicións se fixeron das súas historias e da cantidade de lectores que gozamos con elas