Datos del libro

(GAL) A luz nos teus ollos Mene, Álex; Ouviña, Ruth

  • Editorial: BULULÚ
  • Materia: LITERATURA
  • Colección: SIN COLECCION
  • EAN: 9788418667480
  • Encuadernación: Rústica
  • Páginas: 84
  • Tamaño: 130x210 mm.
13,00 €

Unha aventura trepidante coa amizade e a valentía como protagonistas

Sinopsis

No planeta Vilar non hai luz, todo é negro. Cristal e Carbón deciden que as cousas non teñen por que seguir sendo así só porque sempre foron dese xeito. Os dous xemelgos inician unha viaxe por todo o planeta, empregando o seu enxeño, tacto, ouvido e olfacto para superar os perigos que se cruzan no seu camiño na procura da Luz. Regatos, bosques, montañas, desertos e unha chea de amigos formarán parte da travesía destes dous irmáns que, sen recuar ante ningún monstro ou ameaza, loitarán por conseguir o don da vista para os habitantes do seu planeta.

Autor

Álex Mene

Naceu en Vigo no ano 1969. É Doutor en Belas Artes pola Universidade de Vigo e licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid. Despois de traballar en diferentes países, atopou o seu lugar no mundo nas Rías Baixas galegas. É profesor de instituto no bacharelato artístico musical impartindo as materias de Cultura Audiovisual e Fundamentos da Arte e, durante anos, colaborou no suplemento cultural do xornal “O Correo Galego.” Gústalle a fotografía, a literatura, a ciencia, ir ao cine e ao teatro, facer deporte, escoitar música, viaxar e a boa mesa. En 2018 publicou o álbum ilustrado 'A raíña das tortas' na editorial Alvarellos. En 2019 gañou o premio de LIX Muíño do Vento con 'Indómita e a semente da inmortalidade'. En 2020 gañou o 3º premio no Certame Manuel Murguía de narracións breves con 'A herdeira' e en 2021 o XXIV Premio de poesía Concello de Carral por 'Os puntos de impacto'.

Ruth Ouviña

Naceu na Coruña en 2002, mostrando interese polo mundo das artes dende sempre. Tras realizar o bacharelato artístico, ingresou na EASD Pablo Picasso da Coruña para estudar o Ciclo Superior de Ilustración, titulando no curso 2021/22, e cursou Ensinanzas Artísticas Superiores de Deseño Gráfico na mesma escola. Compaxina a súa formación con impartir clases de debuxo e pintura a nenos. Gústalle a fotografía, e intégraa a miúdo nas súas ilustracións, tanto mediante tratamento dixital como tradicional. Tamén gusta da poesía, de escoitar música e de pasar tempo cos seus seres queridos. Namorada da súa cidade natal, un dos seus grandes amores é o mar, ao que recorre como fonte de inspiración e de acougo. ‘A luz nos teus ollos’ é o seu primeiro proxecto como profesional da ilustración..