Datos del libro

Gravidade cero Ortega, Rena

  • Editorial: CUMIO
  • Materia: INFANTIL: DE 7 A 9 AÑOS
  • Colección: DIVULGATIVA
  • EAN: 9788482896618
  • Encuadernación: TAPA DURA
  • Páginas: 48
  • Tamaño: 290x320 mm.
  • Idioma: GALEGO
19,95 €

O novo libro de Rena Ortega! Se che gustou “Bo camiño, peregrino” e “Todo a babor” non podes perderte esta nova aventura cos personaxes creados por esta autora tan especial.

  • Un libro divulgativo e informativo para coñecer todo o que un neno debe saber para entender o relacionado co noso sistema solar, a exploración espacial e o seu futuro..
  • Os mesmos personaxes de sempre con moita máis información divulgativa.
  • Centos de ilustracións no interior para mellorar a comprensión do libro.

Sinopsis

Soñaches algunha vez con te converter en astronauta ou interesouche explorar o espazo? Visitar o noso sistema solar, descubrir Marte ou descubrir cousas interesantes do noso satélite a Lúa? Pois prepárate, porque a seguinte misión ao espazo, GRAVIDADE CERO, está a piques de engalar!

Este libro recolle todo o imprescindible relacionado coa exploración espacial e o seu futuro. Tamén os duros adestramentos previos que a tripulación ten que facer para soportar as condicións para vivir alí e todos os coñecementos esenciais sobre o noso sistema solar e os seus planetas.

Vés connosco?

Este libro a diferenza dos anteriores, contén moitísima máis información a nivel divulgativo e, coma sempre, de un xeito moi divertido. Neste volume abórdase todo o relativo ao noso sistema solar.