Datos del libro

(GAL) A liga dos roibos Baudet, Stephanie/Bellucci, Arianna

  • Editorial: BULULÚ
  • Materia: A PARTIR 8 AÑOS_LITERATURA INFANTIL
  • Colección: SHERLOCK HOLMES PARA PEQUEÑOS DETECTIVES
  • EAN: 9788418667534
  • Páginas: 120
14,00 €

A través das crónicas do Dr. Watson compartiremos as súas aventuras cheas de misterio, roubos e asasinatos.

Sinopsis

A liga dos roibos é o sexto título de Sherlock Holmes para pequenos detectives, unha colección amena e divertida cos mellores casos do detective máis famoso de todos os tempos. Grazas á súa narrativa áxil e ás rechamantes ilustracións axudará a consolidar o amor pola lectura dos máis novos. Ademais, as didácticas aclaracións sobre termos e obxectos propios da Inglaterra da época achegaraos á literatura clásica de detectives.


Tras perder un traballo moi ben pago na Liga dos Roibos sen previo aviso, o señor Jabez Wilson pídelle a Holmes que descubra o motivo do seu despido.

O que comeza como unha investigación sen complicacións, remata por converterse nunha noite de garda para tentar evitar un crime sen precedentes.

Autor

Sir Arthur Conan Doyle

Sir Arthur Conan Doyle foi un médico que, a finais do século XIX, comezou a escribir as primeiras novelas de Sherlock Holmes nos ocos que os seus pacientes lle deixaban na súa consulta de Southsea. Pouco imaxinaba este doutor inglés que o seu personaxe cobraría vida en catro novelas e cincuenta e seis relatos. Dende a súa creación, este sagaz detective foi levado ao celuloide en máis dunha vintena de filmes e protagonizou series de televisión, obras teatrais, películas de animación e banda deseñada. Perderiamos a pista de cantas edicións se fixeron das súas historias e da cantidade de lectores que gozamos con elas.